Hoxe, 2 de abril, é o Día internacional do libro infantil e
xuvenil.
Dende a biblioteca, queremos propoñervos unha
actividade para celebrar esta data, xa
que os libros son, para moitos, unha axuda nestes días de confinamento cos que
podemos sentir e viaxar coa nosa imaxinación, sen sair da casa, a mil e un lugares.
A idea é que saquedes unha foto
co libro que máis vos gusta nas mans, ou que mandedes un pequeno video lendo o
trozo que máis vos gusta do voso libro favorito ou, incluso, que fagades un
minilibro e nos mandedes as vosas fotos con el .
E…para que vexades que predicamos
co exemplo aí van algunhas fotiños. Esperamos as vosas!!
Animádevos a participar!!
Nube Branca quere ser astronauta
Selección de libros da editorial Bahía por idades
Aquí temos a primeira aportación ao " Día do libro infantil e xuvenil". A Iago góstalle moito este libro de Laurence Tichit que fala da amizade e que nos dí que ainda que sexamos moi diferentes podemos ser amigos.
Lucía elixeu un dos libros que levou na mochila viaxeira. Disque lle fixo moita gracia, porque conta a historia dun reloxo espertador que nunca daba a hora porque non sabía contar. Pero el non se rende e, coa axuda dun parrulo, encargarase cada mañán de espertar a toda a granxa.
Comentarios
Publicar un comentario