Saltar ao contido principal
Radio PICOTA: Movendo Marcos
Na materia
de Cultura Científica de 4º ESO, desenvolvemos durante todo o 3º trimestre un
proxecto de investigación baixo o título "Somos unha xeración de
cristal?". Con este traballo, pretendíamos analizar con rigor científico
se a mocidade de hoxe en día é máis fráxil e máis vulnerábel ante problemas de
saúde mental que a de xeracións anteriores ou se, pola contra, se trata dunha
xeración máis acomodada.
Tras informarse sobre distintas vertentes da saúde mental na adolescencia, o
alumnado deseñou un programa da radio escolar titulado "Movendo
marcos" e gravou cinco episodios, cada un deles tratando un tema en
particular.
Poderedes atopalos na plataforma ivoox, ou dando un clic sobre os seguintes
enlaces:
Comentarios
Publicar un comentario