O martes 14 de novembro achegouse ata o noso centro Paula Carballeira (Fene). Aceptou a invitación que lle propuxemos dende o Club de Lectura de secundaria para que nos viñese a falar da súa última obra de teatro: “As alumnas” (Editorial Galaxia, 2020), que gañou o prestixioso Premio Nacional de Literatura Dramática.
Durante o recreo e a cuarta hora falounos desta obra, pero tamén de como concibe o proceso creativo. Parte da propia experiencia persoal para contar historias. Sinalou a importancia do xogo como ferramenta indispensable para crear novas historias de ficción, que comezan sempre facéndose esta pregunta: “Que pasaría se...?”.
Respondeu multitude de cuestións que lle fixo o alumnado. Unha delas facía referencia ás cousas sobre as que lle gusta escribir, e contestou que o que máis lle interesa é o terror, pero tamén lle preocupa falar das inxustizas. Sinalou que para ela é importante que quede testemuño delas para que non desaparezan. Sen dúbida, a obra “As alumnas” forma parte deste segundo grupo.
Tras rematar a charla, asinounos un exemplar para a biblioteca e varios marcapáxinas que lle pediron ás alumnas/os.
Grazas Paula por
unha visita tan instrutiva e ó mesmo temo tan entretida!
Comentarios
Publicar un comentario