1ª Sesión: 13 de novembro
Este ano, o
noso alumnado de 3ºESO participa no programa de acompañamento Quérote+ que
ofrece a Consellería de Educación ós centros educativos.
Durante esta primeira intervención, Lucía explicoulles en que consiste este programa. Presentou a páxina web e a área de consultas. Ademais falou sobre diversidade sexual, métodos anticonceptivos e enfermidades de transmisión sexual.
2ª/3ª e 4ª sesión: 24 de xaneiro a 22 de marzo
Nesta segunda fase do Proxecto propúxose a realización de diferentes cartulinas sobre 5 grandes temáticas relacionadas coa educación afectivo-sexual para traballar en pequenos grupos. O profesorado participante no Proxecto colaborou nas súas sesións para a realización e confección deste traballo ao longo do período do 2º trimestre. Os temas propostos para cada grupo foron:
- Identidades e diversidades sexuais
- Os modelos de amor romántico
- Relacións afectivas e sexualidade a través da tecnoloxía
- As presións de grupo na sexualidade
- Prácticas sexuais de risco, ITS e sexualidade segura e afectiva.
Con esta proposta, ademais de realizar unha aprendizaxe colaborativa procuramos obter un material (cartulina con información) que apoie a creación dun pequeno podcast de radio sobre cada un dos temas (fase tres que se realiza no 3º trimestre).
5º, 6ª e 7ª sesións: Do 1 de abril ó 30 de maio
A continuación preséntanse as pezas compostas por cada grupo en cada un dos temas:
- Identidades e diversidades sexuais
- Os modelos de amor romántico
- Relacións afectivas e sexualidade a través da tecnoloxía
- As presións de grupo na sexualidade
- Prácticas sexuais de risco, ITS e sexualidade segura e afectiva.
Comentarios
Publicar un comentario