Resultados do proxecto Fitofaladoiro



Un dos proxectos que se desenvolveu este curso no noso centro foi o do Fitofaladoiro, no que participan colexios e institutos de toda Galicia. Nós ao noso chamámoslle Mazaricos en verde, e naceu cunha dobre finalidade:

- Crear un herbario a partir exemplares das plantas autóctonas das 12 parroquias do noso concello.

- Recoller todos os nomes desas plantas, os seus usos (culinarios, medicinais, lúdicos, festivos...), as expresións e cantigas que inclúan referencias a esta especie e calquera outra información de interese sobre a nosa flora.

Despois da recollida da planta, procedemos ao seu secado e colocación dentro do catálogo de especies recompiladas; e o 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente, realizamos unha exposición na que se puido contemplar o resultado do traballo.



É certo que en Mazaricos chove moito, pero hai que ver a riqueza vexetal que ten o noso Concello!

Ademais da recollida e clasificación das especies autóctonas da zona, o alumnado de Infantil e Primaria puxo en marcha o seu propio invernadoiro, no que cultivamos produtos da horta, herbas aromáticas e plantas silvestres.



Non todo foi arriba, pero quen máis e quen menos puido levar para a casa algunha leituga e mais a proba dos amorodos, convertidos nun delicioso xeado!








Comentarios