Durante este curso, como xa sabedes, estivemos traballando sobre o tema dos Bosques e o seu coidado. Participamos no proxecto Naturézate coordinado pola consellería de Medio Ambiente nas etapas de Primaria e Secundaria. Ó longo de todo o curso e coa participación de diferente profesorado en Primaria e dos departamentos de Xeografía e Historia, Inglés e Plástica en Secundaria realizamos diferentes actividades que tiveron que ver co coidado da natureza. Recollemos algunhas a continuación:
En Primaria: realización dun herbario en 1º, o alumnado de 3º e 4º realizou un terrario con especies animais e vexetais e un caderno de campo con observacións da natureza, e o alumnado de 5º e 6º realizaron podcast de radio sobre as árbores e un mapamundo de especies arbóreas.
En Secundaria: o alumando xunto coa cordinación do profesorado participante organizou unha exposición que levou por título “Vínculos Naturais” que tratou sobre as conexións entre as árbores e as creacións culturais do ser humano en diferentes países e tamén participamos no concurso de vídeos “Parques Vibra” onde o alumnado de 3º da ESO foi finalista e recibiu unha mención de honra na gala que se realizou en Corrubedo a finais de maio. O vídeo participante pode verse na conta de instagram dos Polos Creativos do centro. Dásmoslle as grazas á profesora Isabel Carballo por axudarnos coa montaxe do vídeo!
Comentarios
Publicar un comentario