O teatro en inglés inundou a Picota!

O 20 de novembro, vivimos unha xornada máxica coa compañía Face2Face. A Casa da Cultura encheuse de música, risas e, sobre todo, de moito inglés. Foi unha experiencia xenial onde o alumnado non só viu a obra, ¡senón que tamén participou nela!

Puidemos desfrutar de dúas obras totalmente diferentes

The Frog Prince” (O príncipe ra): Os máis pequenos gozaron desta historia tan divertida con cancións moi pegadizas.

Treasure Island” (A illa do tesouro): O alumnado embarcouse nunha busca do tesouro chea de emoción e piratas.

¡Artistas sobre o escenario!

O mellor de todo foi o dinámicas que foron as obras. Moitos alumnos e alumnas subiron ao escenario como voluntarios para axudar aos actores, demostrando que somos uns artistas e que o inglés non ten segredos para nós.

Grazas a todos por participar con tanta enerxía. ¡Foi unha mañá de teatro inesquecible!

Comentarios