O ENTROIDO NO CPI A PICOTA


Este ano o Entroido comezou coa confección, por parte do alumnado do 3º ciclo, do noso Meco. Logo o alumnado do 2º ciclo fixo as rimas solicitandonos a todos que trouxeramos algo para cada día da semana.  Aproveitamos o Entroido para disfrazarnos de acordo coa temática do proxecto de biblioteca.  Así o Luns tivemos que traer unhas botas de auga, o martes un xersei ou camiseta do revés e un bigote, o mércores tiñamos que traer un sombreiro e  finalmente o venres (xa que o xoves os de primaria fomos de excursión á Coruña) tiñamos que vir disfrazados de pescadores de río, con cana e todo.


Este foi o noso Meco, que ten postas as rimas que fixeron o 1º día os de 4º para que o luns se trouxeran botas de goma.




Así viñeron, con variados gorros, o día que nos mandou traer sombreiro.





O xoves os de E. Infantil, disfrazados do que querían, aproveitaron para facer un torneo de pesca á cuberto. Nas fotos podemos ver  o detalle dos peixes con clips para poder ser pescados polos imáns das canas. Logo os pescadores entregados á faena e finalmente a mesa onde estaban os prezados trofeos (matasogras e globos).






Tamén convertiron en pescadora á nena que fixeran no Outono.




E chegou o venres! O noso colexio parecía unha gran reunión de pescadores e pescadoras. O primeiro foi un desfile por ciclos como se ve nas fotos.












Unha vez rematado o desfile cantouse unha canción inventada para a ocasión.














Logo leuse o  xuízo do Meco feito polo alumnado do 3º ciclo, polo que se lle condenaba a arder no lume do Entroido. Finalmente tamén se lle deu lectura ao seu testamento.








A continuación queimouse o Meco, con moita “pena”. 



















E finalmente douse boa conta dos sabrosos doces de Entroido traídos pola ANPA do colexio.











 Con todas as rimas, o xuízo, o testamento... fixemos un libro para recordar este Entroido do 2013.

Comentarios