Séguenos por correo electrónico

jueves, 28 de junio de 2018

BOLETÓN DE LECTURAS PARA O VERÁN

Presentamos o tríptico de propostas de lectura para o verán, onde figuran por ciclos, cursos e niveis as novidades dos libros máis vendidos e demandados deste ano.

Tratamos de por libros en castelán e galego, variando o idioma da lectura e guiándonos polas remomendacións de mestras/es i editoriais .

Son propostas e orientacións paras as familias, querendo de dotalas de información para que non se deixe esquecido este hábito lector que tan bos rendementos e tantas capacidades aportan ao noso alumnado.


miércoles, 27 de junio de 2018

Festival: Romaxe da Virxe do Monte 2018

Durante todo este curso 2017-18 estivemos aprendendo moito, sobre o noso acervo tradicional galego, especialmente o do noso concello de Mazaricos, enlazado todo co Entroido, coas construcións, coa música ambiental nos cambios de clase, ..., e para rematar moi ben todo este traballo,  decidimos facer un festival de fin de curso, no que participou o noso alumnado.

Neste festival recreouse unha romaxe típica galega e do noso entorno, "A Romaxe" na que tamén se viron atraídos turistas de fala inglesa, interpretada polo alumnado que participa no contrato programa ENGLISHGAL RADIOSHOW.

Trátase da ROMAXE DA VIRXE DO MONTE, que foi escenificada desde o día ata a noite con todos aqueles elementos culturais , relixiosos e musicais  que alí se representan. Todo isto tentamos relacionalo con Rosalía de Castro, moi presente entre nós este curso académico, amais de convertirse  na nova madriña dunha aula, neste caso a de 3º ESO.

A inauguración da aula realizouse ese mesmo día antes do festival.

A continuación veredes as distintas actuacións do alumnado neste festival:

ESCENA I: 

1.- Presentación, muiñeira de Rubiós:



2.- Xota Ricardo:

3.- Mazarico:

ESCENA II e III:

4.- A familia chega ao campo da festa. Despois óense as campás e a familia diríxese á igrexa.

5.- Oénse os foguetes. No campo da festa entran uns peregrinos.

6.- Un grupo de alumnos de ESO e primaria saen en procesión ao paso da Marcha do antigo Reino de Galicia.




ESCENA IV:

7.- A familia volve da misa para a comida.


ESCENA V: 

8.- A comida e a sobremesa na que os nenos de 2º de primaria contan chistes.


9.- Seguimos na sobremesa na que alumnos de ESO e primaria: 

                  a) cantan e tocan Catro vellos mariñeiros.



                 

                   b) interpretan un remix galego, con pandeiretas, a capela e con sachos.


                    
                   c) e os alumnos de 2º ESO cantan unha regueifa inédita na honra a Rosalía de Castro.


ESCENA VI: A VERBENA NA TABERNA

10.- COMBO DOMINICANO polos alumn@s de 1º de primaria.


11.- LO MALO de Aitana e Ana Guerra polos alumn@s de 1º ESO.


12.- VUELVE de Beret, polas alumnas de 2º ESO.



13.- PARÍS DA PICOTA: polos alumn@s de 3º e 4º de primaria, co Popurri galego de Xil Ríos, Ana Kiro e Juan Pardo.


14.- GRUPO DE DANZA DE COIRO de 5º e 6º de primaria que repasan "100 anos de baile en 7 minutos" (tango, charleston, swing, mambo, rock, twist, disco, hip-hop, merengue, bachata e pop).



15.- DYNAMITE de Taio Cruz cos alumn@s de 3º ESO.


16.- ME REHUSO de Danny Ocean por tres alumnas de 2º ESO.
Versión realizada no festival: https://www.youtube.com/watch?v=I98QOM8YNGY
Versión na que se cambiou a música polos problemas de dereitos de autor: (síntoo moito)



ESCENA FINAL: DESPEDIDA





lunes, 18 de junio de 2018

Preparando o festival de fin de curso: unha romaría galega

Xa estamos a piques de rematar e curso, e farémolo representando unha romaría popular galega, na que haberá actuacións tradicionales galegas, unha procesión, chistes, regueifas, e como non pode faltar en toda festa, unha verbena pola noite. Todo iso acompañado por poemas de Rosalía de Castro que será o nome que poremos para inaugurar a aula de 3º ESO ese mesmo día.
No seguintes enlaces podedes ver parte do proceso que levamos de decoración, ensaios, etc para o 21 de xuño que realizaremos o festival.




Máis fotos sobre os elementos que se van a procesionar e o vestiario

Pasarlo, pásamolo moi ben ensaiando. Que non se diga, "e que nos quiten o bailao".





miércoles, 13 de junio de 2018

Remate do club de lectura 2017-18

Hoxe rematamos oficialmente o noso club de lectura e para iso recordaremos este curso cunha cunca con mensaxe.
Moitas gracias a todos/as por participar e implicarvos tanto e vémonos para o vindeiro curso.


jueves, 7 de junio de 2018

Aparellos tradicionais galegos

O alumnado de 2º ESO traballo sobre algúns aparellos de traballo galegos, entre eles están os usados no fiado, que podedes ver nas fotos.


miércoles, 6 de junio de 2018

Coñece Mazaricos

Os alumnos de 2º ESO fixeron traballos e murais de restos arqueolóxicos, patrimonio artístico, cultural e paisaxístico da zona (Concellos de Zas e Mazarícos); así como do Camiño de Santiago a Fisterra - Muxía, facendo fincapé nos monumentos ao longo deste camiño. Tamén fixeron maquetas das igrexas da zona de Mazaricos.

O Camiño de Santiago forma parte do bloque da Idade Media no temario de Xeografía e Historia de 2º ESO.

Mentres que os alumnos de 1º A fixeron murais da paisaxe, monumentos, cultura, tradicións, gastronomía e costumes do Concello de Mazaricos.

Foi un estupendo traballo de investigación e elaboración para que todo o noso alumnado coñeza o noso contorno. ¡Enhoraboa!


Para ver máis fotos pincha no seguinte enlace: Coñece Mazaricos

martes, 5 de junio de 2018

PROXECTO RÍOS

Saída ó río de Mazaricos para comprobar o estado da auga e contrastar este cunha mostra previa en outono e agora outra na primavera.

A calidade da auga deste río é excelente.

Participaron os alumn@s de 1º ESO,  acompañados polas mestras deste proxecto e un técnico de ADEGA nunha xoranda chuviosa pero que lles permitiu facer este traballo.


lunes, 4 de junio de 2018

CAMIÑA EN BICI A ESCOLA


Vai  xa polo segundo ano que o CPI da Picota coa axuda inestimable do Concello de Mazaricos celebra este proxecto pertencente ao programa deportivo de centro, o cal inclúe fomentar os hábitos saudables, a autonomía do alumnado no exercicio físico e  potenciar as actividades deportivas no centro e na vida cotiá.

De aí que plantexamos este ano unha perspectiva máis ampla do proxecto, incluíndo ós outros centros do Concello, polo que o CEIP Pino de Val e CEIP Víctor Sáez de San Cosme de Antes uníronse a esta iniciativa e participaron nesta segunda edición.

Arredor de 150 alumnos/as de entre 7 e 15 anos, a metade de Primaria e a outra metade da ESO,  fixeron un percorrido en bici pola contorna da Picota, foron uns 8 quilómetros con saída e chegada no colexio; facendo unha parada de avituallamento na área recreativa de A Pontenova.

Acompañandos por Protección Civil na apertura e peche da marcha, por técnicos deportivos do Concello, por vehículos de asistencia e recollida de participantes e bicis,  polos mestres/as de ambos centros; a marcha transcurriu sen maiores incidencias e fixo as delicias dos presentes. Sinalar que durante o traxecto de ida fomos todos xuntos en grupo pero despois da parada técnica en A Pontenova para descansar, os maiores da ESO subiron un tramo cara a legua de Beba, con bastante pendente e a súa posterior baixada.

Contamos tamén neste proxecto coa axuda de:
- Xefatura Provincial de Tráfico de Coruña, a cal recibe información detallada do proxecto e colabora aportando información didáctica e material de sinalización para os participantes.
- Autos González que transporta as bicis do alumnado para poder participar nesta saída didáctica. Durante toda a semana carrexan bicis para a escola e para a casa, sen parar.

Moitas, moitas GRACIAS  a todos colaboradores por ofrecernos a posiblidade de seguir con esta iniciativa, provocando que cada vez máis alumnos/as de cerca do cole usen a bici nesta época para acudir a el,  se non é seguido (polo menos esta semana e o propio día da bicicleta) houbo varios alumnos/as que viñeron e marcharon neste transporte.
Como no podía ser doutra maneira, usamos as bicis nas sesións de educación física e tamén nalgún recreo, familiarizándonos con ela e dotando de certa confianza a aqueles/as que montan nela con máis respecto e menos seguridade.




miércoles, 30 de mayo de 2018

EXCURSIÓN FIN DE CURSO, PRIMARIA E INFANTIL. CAMIÑO DOS FAROS. CAMELLE


Chegou maio e mirando o almanaque por esta inestabilidade meteorolóxica, marcamos unha data para a excursión de fin de curso. Unha saída de confraternización entre o alumnado de primaria e infantil do CPI A Picota, aqueles que máis conviven todo o curso xuntiños/as e co obxectivo de prolongar esta relación nunha xornada  fóra do cole.

 Daquela, eliximos o Camiño dos Faros, unhas rutas de sendeirismo que poñen en valor a área da Costa da Morte.
Saímos  todos de Camelle, onde o museo de Man capitalizou a nosa atención  e a partir de aí camiñamos en función das idades.

Primeiramente os rapaces/zas de infantil merendaron para despois visitar o pobo e disfrutar a pé do entorno da zona. Entre os parques, o museo e as construcións típicas da beira do mar pasaron as horas da mañán.

O alumnado de primeiro e segundo de primaria acompañou ao resto de excursionistas do cole ata a Praia de Arou, alí quedaron enredando no parque ata repor forzas para facer o percorrido  de volta. Camiñaron estes, sobre tres quilómetros.

Os máis maiores da etapa, é dicir, 3º, 4º, 5º e 6º  foron desde Camelle ata Punta Lobeira, algo máis aló de Arou e que representa un enclave da zona por ser un saínte marítimo onde o mar revólvese de máis e cunhas vistas excepcionais. En total, na ida e na volta andiveron uns 6 quilómetros, observando percebeiros, a recollida de alga para cosméticos, a vexetación característica do litoral marítimo, os cantís, as praias abertas da costa e como a vida nun pobo costeiro xira en torno ao mar.

En voltando os da ruta longa, reunímonos todos/as en Camelle para ir desde aí ao merendeiro do Ariño no lugar Xaviña. Alí, entre a arboleda, as mesas e bancos dispuxémonos a comer, xa con moita fame para despois xogar no merendeiro e na praia. Dicir que levamos material de ocio e tempo libre para que, por grupos ou de xeito individual, se organizasen e disfrutasen do resto da xornada.

O Camiño dos Faros é unha ruta de sendeirismo de 200 quilómetros que une Malpica con Finisterre pola beira do mar. Un camiño que ten o mar como maior protagonista e que pasa por todos os faros e principais puntos de interese desta Costa da Morte. Percorre moitas paisaxes diferentes, sempre mirando cara ao mar e cara ao oeste:faros, praias, dunas, ríos, cantís, bosques, estuarios cunha gran cantidade de aves, mares de granito, castros, dólmenes, vilas mariñeiras, miradoiros ao mar que rompe de todas as formas posibles, postas de sol… que levará ao camiñante a un mundo de sensacións únicas que só se poden gozar nesta Costa da Morte.