Día da Paz. Mural



Conmemoramos o día da Paz este curso recordando ás vítimas infantís que foron asasinadas na guerra entre Israel e Hamás.

Dende que se iniciou a contraofensiva por parte do exército de Israel, e durante os primeiros 43 días de guerra, a ONU estimou que só neste período faleceron ó redor de 5.335 nenos e nenas.

A directora executiva de UNICEF, Catherine Russell, sinalou que nese tempo faleceron 35 nenos e nenas israelís  e máis de 5.300 nenos e nenas palestinos que vivían na franxa de Gaza.

Cada adhesivo vermello pegado sobre o mural representa a unha desas 5.335 vítimas infantís.

Comentarios