Excursión A Coruña. 2º e 3º ESO

  O xoves 18 de xaneiro os alumnos de 2º e 3º de ESO fomos de excursión á Coruña. Saímos do colexio ás nove e trinta e cinco e fomos en bus ata o destino. Cando chegamos fomos ver Xogo de espellos no Palacio da Ópera, o que vén sendo un concerto no que se mestura música clásica e música moderna. No concerto estiveron tamén outros colexios de diferentes lugares da provincia da Coruña.

Cando rematou, montamos no bus e fomos ata o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (Muncyt), que era a segunda visita. Pero antes, como tiñamos a visita pola tarde, estivemos pola zona de Riazor mentres non era a hora de comer.

Logo de xantar fixemos a visita. Nada máis entrar participamos nun experimento e logo fixemos unha visita guiada polas instalacións na que nos ensinaron as partes dun avión e tamén unha coche e unha moto antigos, entre outras moitas cousas.

A excursión foi moi bonita e pasámolo xenial!

 

Rubén Carreira Martínez – 3º ESO



Comentarios