A nosa aula de 4º de Primaria

Ao longo deste curso 2024-2025, na nosa  aula de 4º estivemos a traballar nun proxecto sobre as formigas e os caracois. Este experimento xirou en torno a tres preguntas: que sabemos, que queremos saber e que temos aprendido. Levamos a cabo unha serie de actividades que nos permitiron pescudar que son as formigas e os caracois, como son os seus corpos, como nacen, onde viven, que comen, porque son tan importantes, etc.
As nenas e os nenos, en colaboración coas súas familias, aportaron diversos materiais que nos axudaron moito nas nosas pescudas. 
Creamos na aula un ecosistema de caracois que coidamos durante unhas semanas e observamos o seu comportamento, para despois volver deixalos no seu medio natural.
En canto ás formigas, dende principio de curso, temos na aula un terrario que imita o seu hábitat. Coidámolas, alimentámolas e observamos como a raíña pon os ovos e deste xeito aumenta a nosa colonia.
Agora que coñecemos estes animais e a súa importancia, seremos moito máis respectuosos coa natureza que nos rodea e da que formamos parte.

Comentarios