Ao non ser lectivo o 14 de febreiro (Mércores de Cinza), este ano celebramos o Día da Amizade e do
Amor o xoves 15. Nas xornadas precedentes o alumnado de Secundaria fora deixando as súas
mensaxes na caixa do correo habilitada a tal efecto na entrada do edificio.
Unha vez recollidas todas as notas, os alumnos de 2º de ESO Noelia e Santiago foron os
encargados de levárllelas ás súas destinatarias e destinatarios. Ambos ían caracterizados ao xeito de
Cupido, o deus do amor na mitoloxía romana, incluídas as ás que lles permitiron cumprir a encomenda
a toda présa!
Visitaron todas as aulas
para entregar as misivas!
Comentarios
Publicar un comentario