SEMANA DA POESÍA NO CPI A PICOTA


Un ano máis celebramos a primavera con recitais poéticos. O xoves 11 a partires das 12:35 o alumnado de Infantil e Primaria foi a recitarlle poesías, polas distintas aulas, ao alumnado de E. Secundaria e o venres 12 á mesma hora foi o alumnado de E. Secundaria o que foi a todas as clases de E. Infantil e Primaria a recitarlles algún poema. As poesías elexidas foron variadas pero algunhas eran de Celso Emilio Ferreiro, ao que próximamente se lle adicará unha das aulas do noso centro; outras tiñan relación coa temática da auga, do proxecto de biblioteca deste ano. Nas fotos vemos algún dos momentos dos recitais, que se deron en todas as aulas do cole, ata no ximnasio ou polos pasillos, cando nos pillaba nun cambio de clase!







º

Comentarios