Visita do alumnado de 6º dos colexios de S. Cosme e de Pino de Val

Un ano máis os nenos e nenas de 6º dos outros dous colexios do Concello viñeron a coñecer o CPI , onde estarán escolarizados no próximo curso, e aos compañeiros que van ter. Primeiro, xunto con seus pais, asistiron á benvida que lle da a dirección do centro e a Orientadora, na que lles explican un pouco como funciona o centro e as instalacións con que conta para logo, mentras seus pais fan unha visita do centro os rapaces quedan coa profesora de E. Física para facer uns xoguiños.
Este ano e aproveitando o tema da biblioteca do proxecto de biblioteca “Unha fervenza de libros” fixeron un xogo de pistas coas que tiñan que conseguir reunir as pezas dun crebacabezas na que aparece Léctor, a nosa mascota, ao lado dunha fervenza de libros. No xogo tiñan que ir por distintas partes do centro, para así ir coñecendoo, o ximnasio, secretaría, clase de inglés, biblioteca... Nas seguintes fotos podemos ver distintos momentos do xogo e os equipos que se formaron co alumnado dos 3 centros.











Comentarios