CONTOS DE MEDO NO SAMAÍN

Nos recreos da semana máis tenebrosa de outubro, do 28 ao 30, alumnado de 5º e 6º tratou de asustar un pouco aos máis pequenos cos seus contos de bruxas e demos. A continuación vemos algunhas fotos.
María, Clara e Lidia contáronnos o conto de “As tres bruxas”




Paula Rodríguez, Gisela, Manuel e Noemí contáronnos á súa maneira o conto da Bruxa Regañadentes.



Antía contounos a razón de porque no Samaín se baleiran as cabazas e se lles pon a vela dentro.




Os de 3º tamén inventaron unhas historias de moito medo e fóronllas contando aos cursos máis altos onde os atopaban, aos de 5º colléronos no pasillo cando estaban vendo as cabazas. Aí van unhas fotiños!






Comentarios