O DÍA DAS BIBLIOTECAS E O SAMAÍN


O pasado 24 de outubro celebramos o día das bibliotecas escolares repartindo un marcapáxinas elaborado polo alumnado de informática de 3º da ESO, coa axuda da súa profesora Cristina.   A verdade é que lles que-dou moi chuliño, como podedes ver.
Nel vemos ao padriño da nosa biblioteca, o mazaricano, membro da Real Academia Galega, Manuel González González. Debaixo del está Léctor, a mascota da nosa biblioteca, con atuendo de pintor,  xa que o proxecto deste ano “Que pinta Léctor?” vai de pintura,   de aí que o reverso do marcapáxinas esté adicado ao pintor galego Caino.




O alumnado de Secundaria aproveitou o recreo do día 25 para agasallar á nosa biblioteca cun recital poético, en todo o cal contaron coa participación e axuda dos profesores de língua galega, língua castelá e inglés en colaboración co equipo de biblioteca. Cada neno ou grupo de nenos recitou dende diferentes lugares da biblioteca.

 En concreto no acto interviron os seguintes grupos:

-Alumnado de 4º B leron 2 poemas en castelán.
-Alumnado de 2ºB leron 2 microrrelatos en castelán.
-Alumnado de 3º A leron 4 poemas en galego.
-Alumnado de 2ºA e B leron poemas con temática de maquinaria.
-Os de 4º de PDC leron varios poemas en galego.
-Os de 2º A taménleron 2 microrrelatos en castelán.-Os de 4ºA e B leron 2 poemas en castelán.-Tamén prepararon un fragmento de Alicia no país das marabillas en inglés.



Neste mesmo día entregouselle o carnet da biblioteca ao alumnado de 1º da ESO, na foto vemos á Ana, a coordinadora da biblioteca e profesora de música, xusto no momento do reparto dos mesmos.



A continuación podedes ver algunhas fotos do acto, que rematou coa xa tradicional degustación duns pasteliños. A verdade é que o acto, pola boa acollida e participación tanto do alumnado como do profesorado, tivo un gran éxito!!









Pola proximidade ao día das bibliotecas escolares, o día 23 de outubro foi o elexido para inaugurar o préstamo da biblioteca a pais e nais do centro, gracias á colaboración da ANPA, que se encarga de dito préstamo os mércores en horario extraescolar de 16.30 a 18h.



E logo...chegou o Samaín e o cole encheuse de arañas, pantasmas e bruxas. Na seguinte foto vemos a exposición de libros e películas de medo, así como o taboleiro que o equipo de biblioteca preparou para o alumnado de E. Secundaria.




En Secundaria durante catro recreos proxectouse a película “Los otros”, acompañada de flocos de millo e… de algún que outro susto, que tivo moi boa acollida, como se ve nas fotos.








En E. Infantil e Primaria decidimos celebrar conxuntamente o día das Bibliotecas e o Samaín, debido á súa proximidade no calendario. Así, ao igual que Secundaria,aproveitando o tema da pintura, que centra o proxecto da biblioteca desta ano, decidimos investigar entre todos a vida e obra do pintor Edvard Munch, en especial o seu cadro “El grito” que este ano cumple nin máis nin menos que 150 anos!!
Durante todo o mes de outubro cada clase tivo que informarse sobre unha parte da vida e obra de dito autor, para logo expoñelo diante de todos os demais.
Ademais dividiuse o cadro en 9 partes e cada clase ocupouse de facer o seu pedazo coa técnica que quixo. A verdade é que non quedou nada mal, verdade?


Logo sacámoslle a cara ao personaxe do cadro e cada neno puxo a súa cara ao cadro, logo puxéronas pegadas nas portas das aulas como se pode ver nas seguintes fotos que nos serviron para ambientar as portas das clases.




A biblioteca tamén convocou, para todo o alumnado do centro, un concurso de microrrelatos, que contestaran a porque berraba o home do cadro “El grito” de Munch, para o cal contamos coa colaboración de todos os titores de primaria e os departamentos de lingua galega, lingua castelán, inglés e música. Así o máis ocurrente e mellor redactado de cada clase tería un premio.
E.... andando, andando... chegou o día 31!! Xa pola mañán no recreo de Secundaria viñeron dous grupos de nenos a recitarnos uns poemas que prepararan coa profesora de Língua Galega, Hortensia. A verdade é que é unha sorte que sexamos un CPI! Así os maiores veñen visitar aos máis pequenos e ofrecerlles agasallos literarios, e os pequenos tamén lles van cos seus contiños e poemas aos maiores. Aquí vedes algunhas fotos dese estupendo recital!!






Pola tarde reunímonos todo Infantil e Primaria na aula de audiovisuais e comezou o espectáculo!! Sheila de 6º e Lidia de 5º foron as presentadoras.




Elas déronnos as boas e terroríficas tardes a todos e a todas e presentáronnos aos nenos e nenas de 3º e 4º, que nos situaron o país de Munch, Noruega, nun mapa de Europa; e mentras os de 4º contaban datos da súa vida os de 3º representábanos con xestos, estivo moi divertido, para mostra un botón!





Logo saíron os de 1º, que tiñan investigado sobre a bandeira noruega e as súas cores.
 

A continuación os de 2º prepararon un pequeno relato, “A ponte das ánimas”, que explicaba en que se inspirara Munch para facer o cadro e o seu significado.





E, como non, os máis pequenos tamén sabían como se chamaba aquel señor noruego e o seu cadro, e ata nos fixeron unha representación do “Berro” en directo.




Logo os de 5º e 6º (caracterizados para a actuación de Halloween, de Inglés) convertíronse en expertos en Munch e respostaban ás preguntas que lles facían outros compañeiros, situados entre o público, sobre o tipo de pintura que facía Munch e outras obras do autor como “O bico” e “A danza da vida”.






ara rematar a parte do acto adicada a Munch un representante de cada curso axudou a apagar as velas do 150 cumpleanos do seu cadro “O berro”. Algún ata pensou que a tarta era de verdade e quería comela! Da o pego, verdade?
 

Logo chegou o turno dos premios do concurso da biblioteca aos mellores microrrelatos de primaria que explicaban porque berraba o protagonista do cadro de Munch. Na seguinte foto podemos ver aos gañadores co seu agasallo.
 

Tamén houbo un pequeno agasallo para o alumnado de E. Infantil, pola súa participación, que recolleron en representación das súas clases, Carla de 3 anos e Xoel de 5, como se ve na seguinte foto.
 
 
 
A continuación chegou o momento de entregar os premios do concurso de cabazas que convoca cada ano o departamento de Normalización Lingüística. Como cada ano, a tarefa de elexir as cabazas gañadorasfoi difícil pola gran calidade das mesmas. É de agradecer o esforzo das familias, que cada ano lle botan máis imaxinación aos deseños. En esta ocasión as cabazas gañadoras foron as de Yeray González de 2º, Carme de 3º e Mariña de 1º. Noraboa aos tres!!



Como final de festa sempre queda ben mover un pouco o esqueleto, por eso un grupo de nenos e nenas de 3º a 6º prepararon nas clases de Inglés do mediodía, coas profesoras Patricia e Salomé, a canción Trick or treat de HalloWeen con coreografía. Aínda que todos tiñan oído antes a canción nas clases de inglés. 










E para rematar, despois dunha tarde tan artística, uns pasteliños!!
 


 

Comentarios