Séguenos por correo electrónico

jueves, 7 de noviembre de 2013

XOGO DE PISTAS NA BIBLIOTECA


Dentro das actividades para a formación de usuarios da biblioteca,  fixemos un xogo de pistas co alumnado de 4º a 6º.  Mediante as pistas que se lle daban cada grupo de nenos tiña que conseguir as pezas dun crebacabezas coa figura do padriño da nosa biblioteca, o mazaricano Manuel González González, e con parte da decoración en relación co proxecto deste ano “que pinta Léctor?” A continuación unhas fotiños de 4º e 5º facendo  a actividade, os de 6º poñerémolos máis adiante.

En primeiro lugar vémolos concentrados para atopar as pezas do crebacabezas.










 
 
A continuación as fotos dos gañadores!
Na clase de 4º  os primeiros en completar o crebacabezas foron Ánxela, Hugo e Alex.
 
 
 
 
En 5º os gañadores foron  María, Noemí, Paula Rodríguez e Manuel