LENDO NO DÍA DO LIBRO


LENDO NO DÍA DO LIBRO

Dentro das actividades pensadas para celebrar o día do libro, este ano fixemos unha lectura continuada na que participaron tanto o alumnado de E. Infantil,  como o de Primaria e Secundaria, dun xeito rotativo ao longo da mañán mezclándose varios cursos en cada turno. 

Os máis pequenos , contáronnos cales eran os seus contos favoritos e por que; e os nenos de 4 e 5 anos ata se atreveron a lernos un contiño!. 

En Primaria, aproveitando que próximamente  no centro se vai a poñer o nome do xenial Daniel A. Rodríguez Castelao a unha das nosas aulas, léronse algúns dos textos de “Cousas” e algunha das súas viñetas gráficas.

Os de Secundaria entre outros autores léronnos, uns capítulos de “La lección de August”, de R. J. Palacio e  algún relato dos “12 Cuentos peregrinos” do premio Nóbel,  recentemente falecido, Gabriel García Márquez. Nalgúns casos podemos ver que tamén foron usados libros dixitais que o centro adquireu este curso.

Nuns días faremos tamén o xa tradicional troque de libros, CDs e películas, no que cada persona do centro que queira participar debe achegar algún destes elementos e cambialo por outro.

E aí van algunhas fotiños da mañán tan lectora que tivemos no centro!
 





 








 

Comentarios