ACTO DO DÍA DA MULLER TRABALLADORA E DÍA DA POESÍA


ACTO DO DÍA DA MULLER TRABALLADORA E DÍA DA POESÍA

Nas etapas de E. Infantil e Primaria traballouse, ao igual que na E. Secundaria,  a biografía dunha pintora para conmemorar o día da Muller Traballadora e tamén se preparou un recitado de poemas para ir polas clases con motivo do día da poesía; pero a maiores fixemos un pequeno acto o venres 28 de marzo para destacar un chisco máis estes dous días.

As encargadas de presentar o acto  foron Alba de 6º e María de 5º.

 
 
En primeiro lugar María e Clara de 5º recitáronnos un
poemiña, inventado por elas sobre as mulleres traballadoras.
 
 
 
 
Os seguintes en saír ao escenario foron os máis pequenos que nos recitaron á súa especial maneira o poema de Gloria Fuertes “Doña Pito Piturra”.
 
 

Logo saíron os nenos e nenas de segundo, que nos contaron algunhas cousiñas da pintora  Rosalía Dans, da súa vida e obra.

 
 
 
A continuación os nenos de primeiro recitáronnos uns poemiñas teatralizados.
 
 
 


Logo chegou o turno dos de 3º que nos falaron da pintora Maruja Mallo e algunhas peculiaridades da súa vida e obra.
 
                          



A continuación os de 4º recitáronnos un divertido  poema sobre Pablo Picasso “Este Picasso es un caso!”


                           

Para finalizar os de 5º e 6º faláronnos das pintoras sobre as que estiveran investigando, que foron Marta Cabaleiro en 5º e Menchu Lamas en 6º. Asimesmo amosáronnos algunhas das obras destas  pintoras que eles imitaran. 
 
 
E finalmente chegou a hora dos agasallos . Entregaronse os premios ás nenas de 3º a 6º gañadoras do concurso convocado polo departamento de Normalización e apoiado por  biblioteca co gallo do “Día da Muller Traballadora”, que consistía en respostar unha serie de preguntas sobre as pintoras e ilustradoras que se traballaran nas distintas aulas do centro e cuxas vidas e obra  estaban expostas en cartolinas violetas na entrada do centro. Nas  seguintes fotos podemos ver algúns cursos no momento de buscar a información para completar  o cuestionario do concurso, elaborado polo Departamento de Normalización.
 
 
 
 
E estas foron as gañadoras do concurso que se convocou para o alumnado de 3º a 6º.
 
      
 
 

 
As outras clases tamén recibiron un pequeno agasallo da biblioteca pola súa estupenda aportación a este acto que non tería sido posible sen a colaboración de todos! Na seguinte foto vemos a un representante de cada clase recoller dito agasallo.

 
Para rematar este acto cantamos o poema "Adiós ríos,
 adiós fontes" de Rosalía de Castro acompañados dun vídeo.

 

 

 
 
 

 

 

 

 

 

 

 
 

 

 

 
 

 

 
 

 

 

Comentarios