MAGOSTO 2014






O pasado luns 17 de novembro, vivimos unha marabillosa e entretida xornada de Magosto! 
Na primeira metade da tarde participamos duns divertidos xogos populares que seguro que non coñecedes pero que disfrutariades un montón:




PAPA CASTAÑAS: Consiste en meter as castañas pola boca das caixas preparadas lanzando coa man a 2 m de distancia. Un lanzamento cada vez e gaña o equipo que máis meta dentro.

BAILE DA CASTAÑA: Bailar por parellas ao ritmo da música aguantando a castaña coa fronte primeiro, despois coa barriga, cos costas, etc (o que se lles ocurra).

 A CASTAÑA POR DETRÁS. Sentados en círculo, todos cantan a canción “A castaña por detrás, tris tras, mirar para arriba que caen judías, mirar para abajo que hay un escarabajo. A durmir, a durmir que los reyes van a venir… A qué hora?  A las 6 (responde un que anda as voltas  do círculo e  agachando a castaña detrás de algún neno/a. Daquela contan ata 6 e cando espertan miran quen ten a castaña detrás para saír correndo a perseguir ó que a escondeu.

SEMENTA CASTAÑAS. Cada equipo nunha fila  e cunha castaña cada integrante ten que ir sementando a súa castaña nunha liña e volver atrás para dar o relevo a outro compañeiro que semente tamén. Cando teñan xa todos sementado, volven a recollelas de un en un, gañando aquel equipo que remate antes.
 
CARREIRAS DE RELEVOS: Un curso que fai grupos de 4, trátase de levar a castaña de certas formas, sen usar as mans, dar volta nun cono e voltar para entregarlla a outro compañeiro que faga o mesmo, así todos. Relevos: a catra patas coa castaña no lomo, de pé con ela na cabeza, apretada nas pernas e outra de forma libre.

PASEO DA CASTAÑA.  Todos xuntos, cada curso nunha fila  ten que pasarse un vaso cunha castaña dentro desde o primeiro ata o final da fila.

CASTAÑA ONDE ESTÁS: Facendo un círculo de pé, coas mans atrás e un componente do grupo dentro do círculo. Daquela os de fóra vanse pasando a castaña por detrás tentando que non os vexa o de dentro que tratará de saber quen a ten, este terá dous intentos.




E para recuperar forzas, as tan desexadas CASTAÑAS!




Comentarios