O DÍA DA PAZ MÁIS MÍTICO


Para celebrar o día da Paz estivéronse traballando nos días previos os seguintes aspectos:

-Dacordo co proxecto de biblioteca “Descubrindo mitos e lendas con Léctor”, eleximos a figura da Deusa  Irene, Deusa grega da Paz, e traballouse en distintas áreas.
-Na ESO traballouse tamén unha lenda sobre a Paz en música e biblioteca, titulada “A lenda da Paz perfecta”.
-Traballáronse fragmentos dalgunhas cancións, textos, noticias de xornais, a mensaxe papal.... en relación aos asasinados no atentado do 7 de xaneiro ao semanario francés Charlie.
-Dende biblioteca fíxose unha exposición de libros e películas con temática de guerra-paz.

-Os fragmentos musicais nos cambios de clase así como nos recreos foron con cancións alusivas á paz en primaria e en secundaria con cancións en francés e inglés compostas expresamente para homenaxear aos falecidos no atentado de París.

                             



E chegou o 30 de xaneiro, o día da Paz!!

O alumnado de ESO celebrouno pola mañán. Ás 11:15 reuníronse todos os cursos para celebralo no hall de entrada. 

O acto consisteu:

-Na colocación da Deusa Irene, realizada polo alumnado de 1º de ESO na asignatura de plástica.
-Na lectura do poema “Spiritual” de Celso Emilio Ferreiro por parte de alumnado de 4º da ESO.
-Colocación no mural de entrada de todas as mensaxes de Paz elaboradas polo alumnado nas titorias e nas clases de relixión.
-O acto rematou coa lectura por parte dun alumno de 1º da ESO da conclusión da lenda traballada previamente.

No blog de música hai un artículo, que está enlazado tamén dende este blog, con todo o traballado nesta materia e noutras.


                    

                         


                                              


En E. Primaria e Infantil celebrouse o día da Paz pola tarde, nun bonito acto con diferentes partes:

- Primeiro cada titoría ofreceulle á Deusa Irene unha ou dúas palabras relacionadas coa Paz, que despois pegamos nun mural. Ao mesmo tempo fixeron poemas, cancións... incluso deron unha pequena conferencia, relacionada coas palabras que lle tocaron.
Ao carón de ese mural había outros dous realizados polos alumnos de 5º e 6º na área de Plástica nos que eran representados tanto as relixións como as razas e países do mundo.

- Posteriormente, e unha vez xa acomodados na sala de audiovisuais aprendemos un montón de cousas sobre Gandhi e outros aspectos da Paz da man de Martín e Lucía de 5º que deron unha fantástica conferencia.

- A continuación entregáronse as medallas aos nenos e nenas que destacaron na carreira de campo a través.

- Todos os anos escollemos unha canción relacionada co tema da Paz, este ano :  Eu teño alguén

https://www.youtube.com/watch?v=HiHDRCyV5Es

-  Coma en todos os eventos celebrados as nenas de 6º curso nos fixeron disfrutar dun moderno baile.

- Rematamos  o acto cunha sesión de baile libre na que todos disfrutamos da música e da amizade. Pasámolo en grande!



PAZ 2015 from Ismael Priegue Mayo on Vimeo.

Comentarios