DÍA DA MULLER TRABALLADORA

   Para conmemorar o Día da Muller  Traballadora  (8 de marzo) e aproveitando a temática que se leva traballando ao longo do curso dende a biblioteca, o alumnado de educación infantil e primaria preparou uns traballiños para expoñer información sobre algunas Deusas Mitolóxicas.

   Na materia de Educación Física traballouse a NIKÉ, deusa do triunfo e da gloria. Trátase dunha deusa grega que aparece nas medallas dos xogos olímpicos de Atenas 2004. É Identificada nas entregas de premios cando se reparte a coroa de loureiro.


   Os pequerrechos de infantil de 3 anos, faláronnos de BASTET a deusa de Bubastis, cidade do Delta, na que aparecen restos do seu culto en torno á IV dinastía.
Na mitoloxía exipcia, representa a dozura maternal e era guardia do fogar e feroz defensora dos seus fillos.

   Na clase de Infantil de 4 e 5 anos, aprenderon moitas cousas da deusa celta dos cabalos, da fertilidade e  da natureza chamada EPONA. A esta deusa tamén  se a relaciona coa auga, coa curación e a abundancia.

   Os alumnos de primeiro curso, describíronnos a ISIS, unha das principais divinidades da mitoloxía exipcia. Isis era a esposa e irmá de Osiris e a nai de Horus. É a protectora dos mortos e a deusa principal en tódolos ritos relacionados coa morte.

   SELENE foi a Deusa escollida polo alumnado de segundo curso. Na mitoloxía grega era a lúa e representábase como una muller xoven e fermosa, que percorría o ceo nunha carruaxe de plata tirada por dous cabalos.

   Os raparigos de terceiro curso falaron de ATENEA, a deusa grega da guerra, civilización, sabedoría, estratexia, das artes, da xustiza e da habilidade. Aparece representada con armadura, lanza, casco e una especie de coraza de pel de cabra.

   Coa mestra de Relixión, os maiores de primaria descubriron que en China atópase o SANTUARIO DE GUAN YIN, coñecido como o Templo da Misericordia. O seu nome é a contracción de Guan Shi Yin que significa “escoita os lamentos do mundo”. Tamén é coñecida como A Raíña do Oeste, a Deusa que vixía o mundo, a Guardiana Misericordiosa.
Conta a lenda que Guan Yin fixo votos para non ingresar ao Nirvana ata que o derradeiro dos humáns se libere do seu sufrimento. Atribúenselle miles de milagres, xa que se lle implora para axudar a curar enfermedades, neutralizar malas influencias,.…
  
   A deusa CIBELES foi elexida polos alumnos de cuarto curso. Contáronnos que foi una deusa frixia da Nai Terra. Representa a fertilidade e é deusa das cavernas, montañas, murallas e fortalezas, natureza e animais.
Leva as vestimentas típicas frixias e una coroa con forma de murallas así como as chaves que lle dan acceso a todas as riquezas da Terra. Aparece nun carro tirado por leóns.

   Os nenos de quinto curso traballaron a SCATHA, deusa guerreira de orixe celta, cuxo nome significa “a que provoca o temor”, que tamén se chama a sombra. Vivía na Illa de Skye, en Escocia e ensinoulle a moitos dos lexendarios heroes celtas todas as súas habilidades.

   FREIA foi a deusa elexida polo alumnado de sexto curso. Aparece cun  colar feito de ouro que representa o sol e o ciclo do día e da noite e leva una capa feita de pluma de falcóns que lle dá a habilidade de voar entre os mundos.
Conduce frecuentemente un carro de guerra tirado por dous gatos. Tamén cabalga un xabaril de porcas douradas.

   A teacher preparou cos alumnos que acuden ás clases de conversa en Inglés a exposición sobre a figura de MORGANA e descubriron que era filla biolóxica de Uther Pendragón Viviene, a media irmá de Arturo e Morganse e a filla adoptiva de Gorbis.
Orixinalmente era una xove de bo corazón, pero volveuse malvada ao ser corrompida por Morganse e traizoou a súa familia e amigos, véndose comprometida na norte do seu pai.
Foi asasinada polo Mago Merlín coa espada Excalibur.

   Tamén, coa colaboración das familias, fíxose una exposición de fotos dos nosos alumnos onde aparecían acompañados dunha figura feminina representativa das súas casas, mostrando un traballo ou oficio.



DEUSA  ISIS


DEUSA ATENEA




POWERPOINT DEUSAS




Como resultaldo final, elaboramos un vídeo e unha presentación completa de todo o que foi esta celebración que se proxectou no centro durante a mañán do 6 de marzo (día de celebración no centro).

VIDEO NAIS TRABALLADORAS


MULLER TRABALLADORA from Ismael Priegue Mayo on Vimeo.