EXCURSIÓN DO OBRADOIRO DE CÁLCULO E LECTURAS DIVERTIDAS

Un ano máis xa está aquí o fin do curso.... e con el as excursións. No obradoiro  fixemos o roteiro literario do poeta Añón, en Serra de Outes, coñecendo algúns dos lugares nos que viveu o poeta. A medida que ibamos paseando fixemos algunhas paradiñas para recitar algún dos seus poemas.


Na foto anterior Samuel estalle a recitar algúns dos pequenos poemas titulados "Improvisacións" aos seus compañeiros, que o escoitan dende unha especie de balcón situado na outra beira do río Tines.


Aquí, nun momento do percorrido, despois de abandonar as sombreadas beiras do Tines.


 Na foto anterior, diante da casa onde viveu o poeta, que ten unha placa que o recorda, Marina, Jose e Clara recítannos o poema "A miña enfermidade", que o poeta escribeu pouco antes de morrer, e a pesares de todo con humor.



Aquí  estamos na alameda de Outes, aos pes da estatua do poeta Añón e vemos a Ánxela, Paula e Óscar recitando o poema "A Galicia" que deixa ver un gran parecido con Rosalía de Castro.


Finalmente amosamos a imaxe do poeta, que os nenos tiveron que levar durante todo o percorrido e non debían enrugala, xa que era o salvoconducto para poder bañarse na praia. Todas chegaron ao final do percorrido en inmellorables condicións, excepto unha que quedou un pouco enrugada, pero finalmente... houbo baño! na veciña praia de Broña.

Para o próximo curso esperamos seguir con este obradoiro, así  todos os que pasades para 5º que queirades ler e calcular con nós.... xa sabedes!! Esperámosvos!!