INAUGURACIÓN AULA ÁNXEL FOLE de 2º ESO A

O 28 de abril seguindo coa actividade HISTORIA NAS AULAS comezada xa vai varios anos, neste curso bautizamos a aula de 2º ESO A con nome do escritor galego ÁNXEL FOLE (biografía: http://www.bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=%C1ngFole&alias=%C1nxel+Fole
Entre as actividades que fixemos estiveron:

En Secundaria:


-Exposición de libros escritos por Ánxel Fole,  traballouse a súa figura nas clases de Lingua galega e todos os alumnos de ESO o 28 de abril tiveron a gran oporidade de escoitar ao profesor Armando Requeixo, nado en Mondoñedo o 14 de xuño de 1971. Este  é un escritor, profesor e crítico literario lgalego, que se especializou no estudio da figura do escritor Ánxel Fole.




Algúns alumnos de 3º e 4º ESO interpretaron unha versión realizada pola profesora de música centro da canción "A lavandeira de noite" de Carlos Núñez, como remate da inauguración da aula de Ánxel Fole.



En primaria :

demais de ler parte das súas obras no tempo adicado a lectura, fixéronse actividades referentes a súa obra e biografía. O que máis gustou foi o taller de camisetas.