BENVIDOS AO NOVO CURSO 2015-16

Dende a Biblioteca Manuel González González dámosvos a benvida a todos os alumnos, os que xa nos coñecedes e os de nova incorporación.

Durante este curso o noso proxecto de biblioteca é apaixonante, xa que trata sobre as viaxes.

¡¡¡ Imos intentar viaxar por todo o mundo descubrindo novos horizontes!!!.

E para ir entrando en fariña cólgovos un vídeo sobre un rapaz Matt Harding, que se dedicou a viaxar por todo o mundo e isto lle permitiu coñecer a persoas de diferentes países e culturas. Mentres viaxaba, Matt visitaba edificios e lugares importantes de cada país e ademáis aproveitaba para gravarse cos seus amigos "bailando" diante dos edificios, monumentos, rúas, prazas ou lugares destacados que ía coñecendo.


Imos velo: