FORMACIÓN DE USUARIOS DA BIBLIOTECA


Xa estamos de cheo no novo curso! E.... a biblioteca Manuel González González, do CPI A Picota, abreu as súas portas!! E... tamén un ano máis xa temos preparados aos nosos máis fieis colaboradores na biblioteca. Moitos dos rapaces e rapazas de 5º e 6º bótannos unha man na biblioteca, facendo  os préstamos no recreo, axudando aos máis pequenos, colocando os libros...





Tamén se fixeron algunhas actividades de Formación de usuarios da biblioteca.

Presentouselles a biblioteca aos máis pequeniños do cole os nenos e nenas de 3 anos, que despois de coñecer a Léctor, a nosa mascota, e de saber onde están os libros que máis lles interesan, escoitaron o conto da “Ratiña Presumida”, contado por Ismael, o coordinador da biblioteca. Tamén os outros cursos de infantil disfrutaron desta actividade e finalmente foron agasallados cuns globos que tiñan a Léctor estampado neles.



O resto de cursos tamén foron facendo algunha actividade ou xogo para mellorar o seu coñecemento da biblioteca, nas seguintes fotos vemos aos nenos e nenas de 5º facendo o xogo no que tiñan que ir resolvendo preguntas relativas á CDU, á colocación dos libros na biblioteca, búsqueda de autores,... co que ían conseguindo diferentes pezas do puzzle de Manuel González, o padriño da nosa biblioteca.