SAMAÍN 2015

O pasado 6 de novembro, durante a xornada de tarde  adicámolle un tempo a rememorar o Samaín e todo o que significa. Amais do  tradicional concurso de cabazas (publicado na anterior entrada), decoramos a biblioteca e a súa entrada coa idea de recrear un túnel do terror e unha casa abandoada que metía medo, que todos/as visitamos con algo de suspense.
Tamén escoitamos e representamos un conto de medo inventado, pensado para os  alumnos/as do colexio   "A horta das cabazas" que desatou o temor e receo de que algo podía pasar alí.  Sinalar que foi merecedor dun gran aplauso.

Aquí lles mostramos un vídeo onde tratamos de mezlar as imaxes máis relevantes do Samaín mentres escoitamos o audioconto.


Samaín 2015. CPI A Picota from Ismael Priegue Mayo on Vimeo.