Busy bee and the time machine

Por tercer ano consecutivo, o  pasado luns 23  de maio tivemos a sorte de disfrutar duns marabillosos contacontos en inglés "storytelling" .

Non hai ano que non reclamemos a presencia das actrices de Face2face theatre para pasar unha horiña de risas, emocións, bailes e cantos e por suposto todo en inglés! Son boísimas!

 Aprendemos moito aínda que tivemos que esforzarnos un montón xa que ao ser  integramente en inglés é algo máis complicado.  Aínda así entendemos e participamos todos.

 O primero dos contos ( infantil, 1º e 2º)  falaba da historia de Busy Bee unha abella moi simpática que quere facer unha tarta de cumpreanos para a abella reina e de todos os atrancos que se vai atopando.






 O segundo conto, The time machine,  conta a historia de Jurassic Jane unha moza das cavernas que despois de atopar unha máquina do tempo apareceu en pleno século XXI. Vaia risas!