EXCURSIÓN A NATURMAZ DE PRIMARIA E INFANTIL


A excursión de fin de curso para Infantil e Primaria  foi  a Naturmaz, un complexo natural e  lúdico encadrado  nun entorno moi cercano e de gran interese paisaxístico.

Tiñamos preparadas actividades moi variadas, divididos en catro grupos  con seus correspondentes monitores: Infantil por un lado, aos  lle foron amosando as instalació , para despois coñecer os espazos e usalos nunha búsqueda do tesouro e rematando con diferentes xogos , despois 1º e 2º que comezaron pola escalada, tiro con arco e búsqueda do tesouro, os de 3º e 4º que fixeron tiro con arco, búsqueda do tesouro i escalada, por esta orde, e finalmente os de 5º e 6º que fixeron a búsqueda do tesouro, escalada e tiro con arco.

Os tempos de comer foron alternativos para non colapsar o salón social e ir, sendo os de Infantil os primeiros en ir e despois o resto de Primaria. 

Co preceptivo tempo libre postcomida, pasamos ao hipódromo para presenciar unha exhibición de cetrería que solicitou toda a nosa atención, podendo preguntar e interactuar co persoal coidador  e tamén visualizando todo o material que usan a diario no seu traballo de coidado das aves.

Foi unha magnífica experiencia que a ben seguro quedou gravada na memoria.

*** Ao londo destes días iremos incorporando novos álbumes de fotos onde figuren o resto das actividades e alumn@s.


Máis fotos neste enlace:

https://goo.gl/photos/mNawKBu9ZdYCqWXcA