Excursión de fin de curso do "Obradoiro de cálculo e lecturas divertidas


Un ano máis, e xa van uns cantos, participamos no contrato-programa “Club de cálculo e lecturas divertidas”, pensado para alumnado de 5º e 6º de primaria.

Este ano participaron nel  Carla, Alicia, Alexia, Uxía e Lucía de 5º e Iria, Anxo, Martín, Marina e  Anxela  de 6º.  As reunións tiveron lugar todas as semanas, os mércores, e nelas comentabamos os capítulos que sinalaramos para ler a semana anterior. Este ano lemos dous libros que tiveron moi boa acollida entre os participantes. Son  os seguintes:


-Marco Polo no fue solo, Pilar Lozano. Editorial Bruño. Xa que dentro do Plan de Mellora de Bibliotecas, este ano a temática eran “Grandes viaxes”.
-Los instantes perfectos. Ana Alonso. Editorial Oxford.

Ademais tamén fixemos xogos  de lóxica e cálculo mental. Na seguinte foto estamos facendo cálculo mental na aula de informática.               

                              

A final de curso fixemos unha excursión a Padrón para visitar a casa de Rosalía e a fundación Camilo José Cela.  Como chegamos algo cedo puidemos dar un paseiño polos arredores da casa de Rosalía e ata vimos chegar o tren. Logo fixemos as visitas e despois fomos comer a un parque e tamén tivemos tempo para disfrutar, especialmente na tirolina.  Pasámolo xenial!!

A continuación unhas cantas fotos desta estupenda excursión.