Cometas no ceo de Mazaricos!


A semana pasada celebróuse a "semana das bibliotecas escolares" e no CPI A Picota pensamos que deberiamos deixar voar a nosa imaxinación, e así o fixemos...


Reunímonos por cursos dende infantil ata 4º ESO e entre todos elaboramos as nosas cometas desde cero. A estructura, a decoración, os complementos, ..., e así pouco a pouco e con moita paciencia o conseguimos.












Unha vez rematado chegaba o momento máis  emocionante, voar as nosas cometas! Que bonita sensación ver como voan , como pasean polo ceo , e as fixemos nós!

DEIXA VOAR A TÚA IMAXINACIÓN CON CONTOS E COMETAS!