Séguenos por correo electrónico

viernes, 11 de noviembre de 2016

CELEBRAMOS O SAMAÍN

 Un ano máis chegou o mes de outubro e con el unha das conmemoracións máis agardadas, o Samaín.
Conscientes do gusto por estas datas, preparamos no cole as actividades máis divertidas e medosas que se nos foron ocorrendo.

O tradicional concurso de cabazas que durou toda a semana, foi moi atractivo e contou cunha ampla participación, tentando relacionar as cabazas co tema do Plambe, os inventos.












Nos recreos do xoves día 27 e do venres 28 levamos a cabo uns Obradoiros de Maquillaxe Terrorífica, onde tivemos oportunidade de pintarnos e disfrazarnos dos personaxes máis horripilantes.

 pincha aquí para ver fotos



Xa no propio día, venres 28, comezou a mañán co túnel do terror preparado na biblio do centro, un espazo que se transformou para ser invadido por arañas, morcegos, cabazas,  esqueletes, bruxas vivintes e uns monxes sombies.  Acompañado todo por unha música de medo nas penumbras.
Os cursos foron visitando por quendas este novo espazo decorado para a ocasión, sen deixar de gritar, tremer e dar pasiños moi moi pequenos e inseguros....






A sesión de tarde do Samaín, dou lugar a escoitar uns contos de medo na mesma biblio (xa con luz e máis recoñecible) e no salón de audiovisuais para os máis grandes. Foron historias inventadas polo alumnado de 1º ESO.



No recreo de secundaria de ese día os rapaces de 1º ESO que inventaron as historias de medo léronlas á luz das velas e con música ambiental terrorífica ao alumnado de ESO.

Finalmente e como novidade, tivemos unha exposición de comidas terroríficas, onde o alumnado fixo alimentos que daban tanto pánico como gusto de mirar para eles por tal elaboración. Non podía ser doutra maneira que se devorou canto fixo.