Outro ano máis fixemos o clásico concurso de tarxetas de Nadal.
O obxectivo é elaborar unha tarxeta coas que poidamos felicitar e desexar un bo ano a tódalas aquelas entidades, outros coles, asociacións e persoas colaboradoras que traballan día a día connosco.

Para iso, repartíronse aos alumn@s de Infantil, Primaria e Secundaria (1º e 2º) unhas cartolinas tamaño A5 para que eles fosen creando as súas propias obras sobre a temática do Nadal e que cada un expresase gráficamente o seu significado a través dunha postal.
Seleccionáronse algunhas que foron escaneadas e impresas para a felicitación desde o CPI A Picota.
Expresamos o noso agradecemento a todo alumnado participante e noraboa polos vosos traballos!!