Celebración do día da paz 2017.

Chegando a finais do mes de xaneiro de cada ano, temos todos e todas un importante encontro no CPI  A Picota, onde poñemos o máximo da nosa parte para reflexionar e achegar a tódolos participantes da comunidade educativa os valores e significado de paz en toda a súa esencia...e o que é máis, procurando extender a súa accion permanentemente e promover condutas e hábitos que sexan favorecedores de armonía, compañeirismo, afecto e respecto na nosa convivencia diaria.

O luns 30, xa na xornada de tarde, foi o día que adicamos a traballar sobre a paz. Para iso, promovemos para esta conmemoración unha serie de actos, todos consecutivos e interactivos, dando o protagonismo exclusivo ao alumnado como non podía ser de outra maneira.


  • TREN E VAGONS DA PAZ.
Tras o traballo previo de semanas atrás para a preparación dos distintos actos, comezamos por: configurar o TREN DA PAZ, pegando os vagóns que o compoñen, onde cada aula expuso un lema e adxuntou gráficamente o significado que cada grupo lle dá a paz. George Stephenson, inventor do ferrocarril, foinos guiando cara a verbas como compartir, axudar, igualdade, diversidade, amizade, respecto, conflitos e resolución de conflitos para gradualmente facer un percorrido entre vagóns e chegar na derradeira escala ao obxectivo da paz.


  • Representación dun audio conto sobre a historia de Ahmed en Siria.
Alumnado de Primaria representou unha historia inventada polos mestres/as sobre a vida de Ahmed, un neno sirio que pasou as consecuencias de guerra no seu pais, sabendo o que é espertar co ruído das bombas, escapar para outro país, coñecer as experiencias dos campos de refuxiados, sentir nada máis que a axuda das oenegués e despois de pasar moitas aventuras, ter un final feliz ... (para o que debedes escoitar o conto).

Película elaborada sobre a vida de Ahmed.

Ahmed V from Ismael Priegue Mayo on Vimeo.




  • Canción da paz en inglés acompañada de xestos.
Todo os rapaces/zas de Infantil e Primaria cantaron en inglés i escenificaron con xestos esta emocionante canción sobre a paz .



  • Os tres alumnos de Valores Cívicos de 6º de Primaria, Anxo, Manuel e Denis, guiados pola súa mestra Patri, fixeron un excelente traballo sobre a paz, creando o seu propio Manequin Chalenge do CPI A Picota e recadar imaxes sobre como se actúa no día a día neste centro para fomentar a paz.



  • Exposición en Powerpoint sobre o conflito sirio.
A raíz dos vagóns da paz expostos por cursos no tren que temos pegado no corredor de Primaria, o alumnado de 5º afondou  no tema dos conflitos e centrouse en buscar información para presentalo ao resto de centro sobre o conflito sirio.
Este foi o resultado da súa proxección na celebración do día da paz.



  • Coincidindo en datas próximas, a celebración deste día coa carreira de campo a través; acostumamos  premiar o esforzo de aqueles atletas que conseguiron o mellor resultado de cada aula, outorgando unha medalla  ao primeiro clasificado de cada curso no xénero feminino e masculino. 

  • Remate con baile e celebracións amistosas da xornada.
Xa nos actos finais do día voltamos a bailar e a repartir apertas entre todos, xa que pensamos que non hai mellor maneira de celebrar algo que apoiarnos na música deixando que o corrpo se mova con alegría.