Inventando con Léctor en Plástica de secundaria


No presente curso trabállase o tema “os inventos”.
O departamento para a celebración do día das bibliotecas escolares realizou e colaborou con algunhas titorías para a elaboración de papaventos co logotipo da nosa mascota, Léctor. E un mapa con cabeza de vaca inventando lugares da zona que se asemellan aos reais.



Nos seguintes meses desenvolveu a construción de maquetas (utilizando materiais reciclados) representativos da historia e evolución da aeronáutica con cinco secuencias:

         1º) Proxecto da máquina voadora de Leornardo.
         2º) Prototipo de avión a reacción de principios do século XX.
         3º) Avión comercial a reacción dos anos 70.
         4º) Foguete interespacial Apolo XI, que levou ao home á lúa

         5º) Modelo actual de dron.

Con este material organizouse unha exposición nos espazos do centro educativo (corredor de primaria). 


No terceiro trimestre tamén se elaborou un ADN xigante que se colocou no recibidor do colexio como decoración para o apadriñamento do laboratorio coa visita de D. Angel Carracedo. 

Despois elaboráronse as letras en 3D da palabra “INVENTOS”, e un lápiz xigante para colocar nese mesmo lugar. 


Para esta actividades colaboraron alumnos de 1º, 2º, 3º e 4º ESO que cursan Valores Éticos, cun promedio de 3 horas de colaboración de cada curso. Esta restrición de horario débese a que Valores Éticos se avalía e polo tanto, hai que seguir a programación do área, sendo imposible dispoñer de máis tempo.



Sempre que é posible o departamento de EPV impulsa a colaboración con outros departamentos en aspectos técnicos, e estéticos: rótulos, montaxes, escenografías...