SEMANA DA SAÚDE

Tras moitos anos facendo a semana da saúde durante os 5 días de cole con actividades variadas de comida, batidos saudables, "gymkanas" de xogos, bailes e actividades físicas de todo tipo, decidimos este ano trocar un algo os contidos e orientalos cara a prevención de accidentes, enfermidades ou como actuar no seu caso e tamén cara o consumo de froita, fomentando a súa inxesta por ser alimentos básico na dieta infantil.

Continuaremos no intento de establecer unha conexión co centro de saúde de A Picota, tratando de doar libros infantís, revistas, clásicos de lectura para que dispoñan deles nas salas de espera e así poder beneficiarse os usuarios/as deste servizo.

Nembargantes, botamos man da axuda de 2 técnicos/as do 061 da zona, Mariló e Álvaro que moi amablemente nos prestaron o seu tempo, a súa axuda e o material do que dispoñen para desenvolver unha fascinante e interactiva charla sobre os problemas máis típicos que lles soen ocorrer ás persoas e como debemos reaccionar neses casos.

Para elo, deseñaron unhas actividades adaptadas a cada curso onde viron presentacións animadas sobre os pequenos accidentes de cada día, cantamos unha canción didáctica para aprender a onde chamar en caso de emerxencia (112) e como proceder con un paciente consciente ou cando está inconsciente.

Practicamos o RCP cos muñecos que cada un trouxo e tamén cos propios do 061 para despois pasar a visualizar e comprender a dotación da que dispoñen as ambulancias, entrando e saíndo nelas e manipulando alí onde os técnicos lle permitisen.



GRACIAS, MARILÓ E ÁLVARO!!!