Séguenos por correo electrónico

domingo, 7 de mayo de 2017

XORNADA SOLIDARIA COA GARDA CIVIL






O pasado venres 5 de de maio, e a pesares da choiva, puxemos rumbo a Noia, en concreto á zona de Testal, onde disfrutariamos dunha exhibición solidaria dos medios técnicos e humanos dos que dispón a Garda Civil.



Chegamos alí 2.500 escolares  de Noia, A Pobra, Boiro, Lousame, Muros, Outes,Mazaricos,  Porto do Son, Negreira, Padrón , Santa Comba... e entre todos aportamos maís de 6000 kilos de alimentos para Cáritas e Cruz Vermella.





Participaron, entre outros, especialistas de Tráfico, Unidade de Seguridade Cidadana, Seprona, Policía Xudicial, Grupo de Especialistas en Actividades Subacuáticas (Geas), Grupo de Especialistas en Desactivación de Explosivos (Gedex) E Agrupación de Reserva e Seguridad (ARS).




Houbo unha exhibición da unidade canina , un simulacro de rescate dunha nena na montaña e exhibición e explicación de diferentes tipos de materiais.


Algún ou algunha seguro que marchou pensando o que quere ser de maior...





Podedes ver fotos máis profesionais no seguinte enlace: Fotos "La Voz de Galicia"