2ª ENTREGA DOS ESCORNABOTS

O alumnado de 5 anos, así  chamados comunmente (os rapaces/as de 6º de educación Infantil formalmente),  convertíronse nos usuarios dunha cidade cosmopolita a carón de Mazaricos que eles/as e a súa profe Cris Tuñas; construíron para traballar pedagóxicamente cos robots (ESCORNABOTS).

Así, estes alumn@s deseñan o percorrido que teñen que facer para chegar ao supermercado, casas, garaxes, ferretaría, peixaría, etc... en función das labores que teñan asinadas para cada momento.

Isto implica un pensamento estruturado das ordes, dar prioridades, distribuír os percorridos para dar chegado e no proceso de viaxe, é dicir, no movemento dos robots deben deseñar mapa mental onde traballen os conceptos espacio-temporais  (dereita , esquerda, atrás e adiante, para, arranca) en si mesmos e con efecto espello, ademais de sumar as casiñas de avance, contar e aplicar conceptos lóxico-matemáticos.

Están todos/as pasándoo moi ben co Escornabot e sacándolle todos/as moito rendemento ao trebello.

En nada, o Escornabot pasará polas vosas casas!!!!!