TALLER DO BOLO DE POTE NA PICOTA

A última actividade do Obradoiro de Emprego “Proturismo2017”, a cal se desenvolve entre os Concellos de Dumbría, Mazaricos e Santa Comba invitou aos coles da zona a facer unha demostracións gastronómica do bolo de pote. 

Así, os nenos e nenas de 1º e 2º e Primaria do CPI A Picota foron coñecer as técnicas de elaboración deste manxar privilexiado, á casa da Cultura da Picota.

Coa colaboración da Asociación Amas de Casa de Mazaricos e do Concello, tivemos a oportunidade de saber da historia do bole de pote, de vestir a indumentaria de cociñeiras/os, elaborar os nosos gorros de chef e sobre todo...de andar coas mans na masa.

Aínda houbo tempo de bailar as cancións máis de moda, en "versón bolo de pote" e de exaltar os ingredientes deste produto que son fabricados entre nós co mellor dos sabores.

Temos que dicir que a actividade resultounos interesantísima, moi amena e que os rapaces/zas quedaron encantados polo que nos corresponde darlle ás grazas a todos que alí estiveron presentes e colaboraron neste obradoiro.