ODAIKO PERCUSIÓN EN MUROS


Xoves, 1 de marzo do 2018 e tocou saída á casa da cultura de Muros, todo alumnado de Primaria e Infantil.

Tiñamos moita expectación en presenciar o espectáculo do grupo musical ODAIKO percusión, pois xa os viran algún dos nosos cursos en Coruña (palacio da ópera), coa versión orquestra e chamoulles moito a atención.

Xuntámonos escolas de Santa Comba, Vimianzo, Pino de Val e A Picota para presenciar o espectáculo destes músicos acompañados por un narrador en off, Odaiko proponnos una divertida escenificación en directo, chea de ritmos e sonoridades da percusión moderna, onde a imaxinación, a creatividade e a curiosidade polas distintas manifestacións artísticas, son os puntos clave.

Participación dos tódolos alí presentes, inmersos nos espectáculo e gustosos dos artiluxios diferentes que empregaron para producir sons e músicas diversas, moi agradables para os nosos oídos.

Cabe dicir no tocante á organización que se quedou algo curta de aforo a casa da Cultura, posto que estaba ata reventar e tampouco  o escenario era o grande que estes músicos necesitaban.