Séguenos por correo electrónico

luns, 23 de abril de 2018

PLAMBE: regueifa "Rosalía de Castro"

Os departamentos de Lingua Galega e de Música tras realizar en xaneiro un obradoiro para aprender a regueifar no Museo do Pobo Galego de Santiago de Compostela, atrevémonos a participar no II Certame Enreguéifate organizado polos Concellos de Santiago, Ames...

Aínda que non gañamos ningún premio, estamos moi contentos/as por todo o que aprendemos con esta actividade.

A regueifa coa que participamos no concurso ten moito que ver coa temática do PLAMBE do noso centro neste curso que trata do patrimonio galego. E que mellor patrimonio que o que nos deixou ROSALÍA DE CASTRO?


Por iso, dedicámoslle esta regueifa a tod@s os admirador@s desta gran muller.




No seguinte enlace podedes ver o mesmo vídeo, pero desde a páxina do Certame de regueifas, así como outras regueifas entrando na súa páxina de youtube: