PLAMBE: Pergamiño Vindel de Martín Códax


Este curso produciuse un feito moi importante para nós e é que, tras dous anos de negociación, a Biblioteca e Museo Morgan de Nova York entregou temporalmente o pasado mes de setembro o Pergamiño Vindel, o manuscrito do século XIII que recolle as cantigas de amigo do trobador galego Martín Códax. O texto permaneceu exposto no Museo do Mar de Vigo ata o mes de marzo de 2018. Esta obra, cargada de sensualidade e referencias a rituais pagáns, é unha peza fundamental do esplendor da lírica medieval galego-portuguesa, testemuño do noso patrimonio cultural. Ademais de ser considerada unha das grandes xoias culturais da historia.



Seguindo este fío condutor, o 23 de marzo contactamos co músico Xoán Curiel para que nos mostrara o proxecto que comparte con Iris Gey ( filóloga, cantante e pianista) "Ao Encontro de Martín Códax". Ámbolos dous artistas interpretárannos, entre outras pezas musicais, as cantigas do noso trobador máis internacional para que viramos como soaban daquela (na Idade Media) e como soarían agora (na actualidade). Así mesmo, Iris falounos brevemente do Pergamino Vindel.

  No seguinte video podedes escoitar unhas das pezas do Pergamiño Vindel que nos interpretaron: