MAGOSTO 2018

A señora Fernanda presentounos un ano máis o magosto no CPI A Picota, ela estivo toda esa semana mostrándonos a súa laboura de castañeira, alí no corredor de Primaria daba conta dos seus froitos preferidos ao tempo que nos convidou o venres 16 a celebrar o magosto.

En xornada de tarde, xogamos e comemos con castañas.

Por cursos fixemos unha xornada de patio onde os xogos lúdicos tiñan as castañas como protagonistas para despois repor forzas con outras  que nos asou o señor Fernando, disfrutando así dun magosto entretido.