POSTAIS DE NADAL 2018/19

Estamos en época de Nadal e unha das clásicas actividades que se levan en todo o CPI é o concurso de postais, onde repartidas metades dun folio de cartolina, o alumnado elabora a súa postal co deseño e técnica que mellor lle pareza, para posteriormente expor no taboleiro do corredor que une ambos edificios (Primaria e Secundaria).

Unha vez alí expostas, puxemos unha urna onde canda alumn@, mestr@ e familiar emitía o seu voto poñendo o número co que se identificaba cada postal.

Boa experiencia de participación, con resultados diversos pero que conseguiu que todas fosen observadas, se contemplasen os diversos modelos e así poder apreciar o esforzo de cadaquén, tamén en función da idade de maduración das súas capacidades.

Brevemente, notificaráselles aos tres gañadores  o seu premio e finalmente será unha, a usada polo centro para enviar vía mail as felicitacións a tódolos contactos membros, dun ou doutro xeito, da nosa comunidade educativa.