PREVIA DO DÍA DA PAZ 30 de Xaneiro de 2019

Comezará a semana con varias actividades arredor da PAZ.

A partir do martes 29, teremos no noso centro unha exposición de fotos de Costa de Marfil, prestada polo sacerdote D. Desiré. Así conduciremos as actividades relacionadas coa celebración do día de Paz en relación a África como un dos continentes que máis axuda necesita.
Pasada a celebración colgaremos todo o feito ese día, pero para irnos preparándoo:


1) Pomos o enlace da canción e a letra da canción que van a interpretar o alumnado de infantil e primaria relacionado coa paz, titulado APERTAS QUE VOAN de Paco Nogueira


APERTAS QUE VOAN

Mans brancas e cara negra, 
teños os beizos vermellos. 
Teño sentimentos novos, 
ai, teño sentimentos vellos. 
Mans negras e cara branca, 
teño o meu peito cheo 
de bicos e de sorrisos, 
de apertas que voan no vento

PORQUE TI ES O MEU AMIGO, 
PORQUE NOS LEVAMOS BEN, 
PORQUE TI ES O MEU AMIGO, 
DISTINTO E IGUAL Á VEZ. 


PORQUE TI ES A MIÑA AMIGA, 
PORQUE NOS LEVAMOS BEN, 
PORQUE TI ES A MIÑA AMIGA, 
DISTINTA E IGUAL Á VEZ.

Eu non quero ver fronteiras, 
sempre me poño a pensar 
en deixar a xanela aberta, 
así pode entrar o ar.
Pintar o vento de cores, 
deixar as palabras medrar 
sen dar máis razoamentos 
e así poder cantar.

PORQUE TI ES O MEU AMIGO, ....

Un camiño faise a pasiños, 
un pasiño comigo has de dar, 
ha de ser un camiño bonito s
e imos xuntiños da man. 
Non hai grandes nin pequenos, 
e de feros non imos falar, 
dáme unha man, compañeira, 
que pouco nos ha de importar.

PORQUE TI ES O MEU AMIGO, .... (3 veces)

2) Esta noite, a do martes 22 de xaneiro, poderedes ver unha reportaxe na Sexta, na que colabora Save The Chilren, sobre as familias que se xogan a vida por fuxir dos seus  países. Isto acercaranos a unha realidade dos nen@s en África.


3) Nas aulas traballaremos tamén unhas unidades didácticas que Save The Children nos presentou para dar a coñecer a aquel colectivo co que colabraremos a través da Carreira Solidaria.


4) Pombas da Paz feitas por Infantil que xa podemos ver nos corredores cargadas de cor e alegría representando  este día como unha festividade de solidariedade.

2) Enlazamos o artigo do departamento de Música de Secundaria para coñecer un pouco máis sobre un ritmo africano, o fanga que se baila en Liberia, país cercano a Costa de Marfil, e que bailaremos dando a benvida a D. Desiré. 
Tamén podedes encontrar neste artigo, algo de información sobre estos dous países.