FESTIVAL DE NADAL 2018

Na fase final do primeiro trismestre e xa con varias actividades previas sobre o Nadal, tal e como se publicou en outras entradas do blog, era tempo de poñer a despedida desta época e cada curso fíxoo coas mellores propostas que se lles ocurriron.

As vestimentas, a decoración, os escenarios, a posta en escea, as músicas e as interpretacións foron as accións que centraron o esforzo do alumnado e profesorado para elaborar unha actuación que lles resultase propicia para este evento.

Sempre atentos ao fío condutor do curso, relacionado co tema do PLAMBE adicado ó cine este ano, houbo varias actuacións en relación a pantalla e todo o que isto leva detrás.

Destacar, por outro lado, a fabulosa resposta da comunidade educativa que sempre presta o seu apoio e ambienta coa súa presenza, cos aplausos e cos flashes este evento, facendo que os artistas se sintan grandes sobre o escenario da casa da cultura de A Picota.

Nesta entrada describiremos aquelas intervencións que se puideron ver e trataremos de "retransmitir en diferido" o festival de NADAL do cole.

Na primeira parte do festival actuaron os alumnos/as de Infantil por orde de idade:

*3 ANOS REPRESENTADO "EL ARBOLITO DE NAVIDAD"



*4 ANOS CON BAILE DA CANCIÓN: CORRE, SALTA, JUEGA...ES NAVIDAD!



*5 ANOS CON REPRESENTACIÓN DE TRES PASTELITOS



*1º EP PUXO OS ANUNCIOS NAVIDEÑOS DESTAS DATAS



*2º EP, CURTA DE CINE MUDO FEITA POR ELES/AS



*3º EP, CINEMA PARA ISO...DEFINITIVE VERSION CON REPARTO ESTRELA DE 3º CURSO



* 4º E 5º EP, BAILE DE "LAST CHRISTMAS, COLEGIO PLEYADE"



* 6º EP, BAILE "JINGLE BELLS, VERSIÓNM HIP HOP"