Aula de medios audiovisuais Miguel de Lira

Onte tivemos a sorte de ter como invitado ao actor Miguel de Lira, para inaugurar a aula de medios audiovisuais.
Primero foi o alumnado de infantil e primaria os afortunados de poder escoitalo. Logo mostráronlle un vídeo feito por eles para esa ocasión, na que aparecías escenas da serie Mareas Vivas.
Deparou historias cos máis pequenos sobre cando el era neno, as súas vivencias no cole, no lugar de Lira, vila natal e de como el disfrutaba do mar.


Despois foi o alumnado de secundaria o que asistiu a outra charla. Puideron facerlle preguntas sobre a súa profesión e vida.

Ao rematar as charlas, agradecemos a súa presencia cuns agasallos, entre eles un feito por Álvaro de la Vega, o profesor de plástica, facendo referencia ao seu último traballo "Eroski Paradiso", un hórreo, claqueta de cine e máscaras feitas coa impresora 3D do colexio, e unha vaca por ser un dos distintivos da nosa zona.










Despois, os alumnos de 3º ESO, mentres o homenaxeado descubriu a placa, interpretaron a peza Mareas Vivas de Mercedes Peón, cun arranxo feito pola profesora de música Ana López.





E para rematar o acto, todos os alumnos e profesores que quixeron, puideron facerse fotos co homenaxeado.


No seguinte enlace podedes ver outro artigo sobre este evento con outras gravacións: http://musicapicota.blogspot.com/2019/05/inauguracion-aula-de-miguel-de-lira.html