Bo día a todas e todas;
Estamos a pasar días difíciles. A crise sanitaria por mor do coronavirus interrumpiu a nosa dinámica lectiva e tamén afectou ao traballo e ás actividades que viñamos desenvolvendo dende a biblioteca. Sabemos que son momentos de dificultade, o primeiro é seguir os consellos das autoridades sanitarias, infromarse ben e permanecer nas casas. Todas e todos temos que implicarnos.
Sabendo das dificultades de organizar novas actividades a distancia, dende o equipo da biblioteca non deixamos de argallar alternativas que permitan manter vivo este espazo e toda a súa actividade.
Hoxe, queremos deixarvos algunhas iniciativas culturais que están xurdindo por internet, para axudarvos a pasar estes días de illamento. Compartide con nós outras propostas das que saibades!
Permanecede atentos ao blog, iremos colgando outras actividades e propostas nos próximos días.
Aquí algunhas suxerencias:
Máis de 1.000 obras de teatro online
Eventos poéticos nas redes sociais
Eventos poéticos nas redes sociais
Máis específica para alumnado de educación infantil e primaria:
#Euquedonacasa
Comentarios
Publicar un comentario