O 25 de outubro inauguramos a biblio e fixémolo cun montón de novidades e actividades.
Léctor e Espinaca tíñanlles unha boa sorpresa
preparada este ano… nin máis nin menos ca un SCAPE ROOM e uns CONTACONTOS de
Samaín!
👉 No SCAPE ROOM as nenas e nenos de 3º, 4º, 5º e 6º quedaron pechados na biblio 😨, e
para saír tiñan que resolver unhas pistas💬 que as nosas mascotas deixaron por
toda a biblioteca. Para solucionalas requería de moita atención e concentración
, e sobre todo de coñecer moi ben cada espazo.
E, por
encima... tiñan tempo!!! Unha bomba 💣💣💣que podía estoupar!!! Canta emoción e
nervios!
👉As
sesións de contacontos 👄para o alumnado de infantil e 1º de ciclo de primaria,
transcorreron na biblio tamén.
Primeiro, coñeceron e presentáronse a Espinaca e saudaron a Léctor!
Logo, aproveitando que está preto o SAMAÍN, gozaron de contos como “Corre, corre cabaciña” ou “A bruxa regañadentes”.
E tiveron unha visita inesperada... porque veu unha amiga bruxa da bruxa Regañadentes contarlles o conto, e andivo asustando as nenas e nenos do cole!!!! Canto medo pasaron!
Ademais estes días o cole deixou medrar as teas de araña, entraron morcegos e hai un montón cabazas terroríficas polos corredores 👻👾👤☺!!! A verdade é que da un pouco de medoooooo!😱😵
Comentarios
Publicar un comentario